Burkholderia pseudomallei

Burkholderia pseudomallei

Colonias de B. pseudomallei en ágar de Ashdown mostrando a súa característica morfoloxía de flor de Centaurea cyanus.
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Betaproteobacteria
Orde: Burkholderiales
Familia: Burkholderiaceae
Xénero: Burkholderia
Especie: B. pseudomallei
Nome binomial
'Burkholderia pseudomallei'
(Whitmore 1913)
Yabuuchi et al. 1993[1]
Sinonimia

Bacillus pseudomallei Whitmore 1913
Bacterium whitmori Stanton e Fletcher 1921
Malleomyces pseudomallei Breed 1939
Loefflerella pseudomallei Brindle e Cowan 1951
Pfeiferella pseudomallei
Pseudomonas pseudomallei (Whitmore 1913) Haynes 1957

Burkholderia pseudomallei (antes chamada Pseudomonas pseudomallei) é unha bacteria gramnegativa, bipolar, aerobia, móbil e con forma de bacilo.[2] Encóntrase no solo e na auga pero tamén pode causar infeccións en humanos e animais provocando a enfermidade chamada melioidose. Tamén pode infectar plantas.[3]

B. pseudomallei mide 2-5 μm de longo e 0,4-0,8 μm de diámetro e móvese por medio de flaxelos. As bacterias poden crecer en varios medios nutrientes artificiais, especialmente os que conteñen arxinina.

A temperatura óptima para a súa proliferación in vitro é de 40 °C a pH neutro ou lixeiramente ácido (pH 6,8–7,0). A maioría das cepas son capaces de fermentar azucres sen formación de gas (principalmente glicosa e galactosa, os cultivos vellos tamén metabolizan maltosa e amidón). A especie produce exotoxinas e endotoxinas. O papel das toxinas identificadas no desenvolvemento dos síntomas da mieloidose non foi completamente esclarecido.[4]

  1. Yabuuchi, E; Kosako, Y; Oyaizu, H; Yano, I; Hotta, H; Hashimoto, Y; Ezaki, T; Arakawa, M (1992). "Proposal of Burkholderia gen. nov. and transfer of seven species of the genus Pseudomonas homology group II to the new genus, with the type species Burkholderia cepacia (Palleroni and Holmes 1981) comb. nov.". Microbiol Immunol 36 (12): 1251–1275. PMID 1283774. 
  2. "Burkholderia pseudomallei". VirginiaTech Pathogen Database. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2006. Consultado o 2006-03-26. 
  3. Lee YH, Chen Y, Ouyang X, Gan YH (2010). "Identification of tomato plant as a novel host model for Burkholderia pseudomallei". BMC Microbiol 10: 28. PMC 2823722. PMID 20109238. doi:10.1186/1471-2180-10-28. 
  4. Haase A, Janzen J, Barrett S, Currie B (July 1997). "Toxin production by Burkholderia pseudomallei strains and correlation with severity of melioidosis". Journal of Medical Microbiology 46 (7): 557–63. PMID 9236739. doi:10.1099/00222615-46-7-557. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne