Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1905 ![]() Evesham, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Morte | 26 de setembro de 1975 ![]() Edimburgo, Reino Unido ![]() |
Educación | Clifton College (en) ![]() Sidney Sussex College (en) ![]() Universidade de Cambridge ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Epixenética e bioloxía do desenvolvemento ![]() |
Ocupación | paleontólogo, zoólogo, profesor universitario, xenetista, biólogo ![]() |
Empregador | Universidade Wesleyana Christ's College Universidade de Edimburgo Centre for Human Ecology (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Cecil Elizabeth Lascelles (1927–) Margaret Justin Blanco White ![]() |
Fillos | Caroline Humphrey ( ![]() Dusa McDuff ( ![]() ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Уоддингтон Конрад Хэл) Medvik >>>:Waddington, C. H. (Conrad Hal), 1905-1975, ![]() ![]() |
![]() |
Conrad Hal Waddington, nado o 8 de novembro de 1905 e finado o 26 de setembro de 1975, foi un biólogo do desenvolvemento, paleontólogo, xenetista, embriólogo e filósofo británico e membro da Royal Society, da Royal Society of Edinburgh e comandante da Orde do Imperio Británico. Fundou a bioloxía de sistemas, a epixenética e a bioloxía evolutiva do desenvolvemento.
Aínda que a súa teoría da asimilación xenética ten unha explicación darwinista, destacados biólogos evolutivos como Theodosius Dobzhansky e Ernst Mayr consideraban que Waddington estaba usando a asimilación xenética para apoiar a denominada herdanza lamarckista, a transmisión dos caracteres adquiridos debido aos efectos do ambiente durante a vida dun organismo.
Waddington tiña intereses moi diversos que incluían a poesía e a pintura, así como inclinacións políticas de esquerda. No seu libro The Scientific Attitude (1941), trata temas políticos como a planificación central da economía, e loaba o marxismo como "filosofía profundamente científica".