CASA C-212 Aviocar | |
---|---|
![]() | |
Fabricante | CASA, EADS CASA, Indonesian Aerospace |
Primeiro voo | 26 de marzo de 1971 |
Introducido | maio de 1974 |
Produción | 1971 - presente |
O CASA C-212 Aviocar é un avión de transporte medio con capacidade STOL propulsado por dous turbohélices deseñado e construído en España por CASA para uso tanto civil como militar. O C-212 tamén é fabricado baixo licenza en Indonesia por Indonesian Aerospace (IAe), anteriormente chamada IPTN. O deseño foi inicialmente comercializado co nome de Aviocar, pero EADS-CASA xa non usa ese nome para referirse ao C-212.
EADS-CASA entregou un total de 478 C-212 de todas as variantes e IAe uns 100 exemplares. A día de hoxe EADS-CASA só fabrica o C-212-400, que recibiu a certificación española en 1998. O C-212-200 só se fabrica en Indonesia, e IAe informou estar preparándose para comezar a montar o modelo -400.