CD20

CD20
Identificadores
Símbolo MS4A1
Símbolos alt. CD20
Entrez 931
HUGO 7315
OMIM

112210

RefSeq NM_152866
UniProt P11836
Outros datos
Locus Cr. 11 q13

O CD20 (cluster de diferenciación 20) ou antíxeno CD20 do linfocito B é unha fosfoproteína glicosilada expresada na superficie das células B que empeza a aparecer na fase pro-B (CD45R+, CD117+) da diferenciación desta célula e que incrementa progresivamente a súa concentración ata a madurez celular.[1]

Nos humanos o CD20 está codificado no xene MS4A1 do cromosoma 11.[2][3]

Este xene codifica unha proteína que é membro da familia das proteínas con pregamentos que cruzan a membrana 4 veces. Os xenes membros desta familia proteica caracterízanse por ter características estruturais comúns e zonas de empalme intrón/exón similares e mostran patróns de expresión únicos entre as células hematopoéticas e tecidos non linfoides. A molécula da superficie das células B codificada por este xene e xoga un papel no desenvolvemento e diferenciación de células B en células plasmáticas, e o seu xene está localizado na rexión 11q12, entre un grupo ou cluster doutros membros da familia. O splicing alternativo deste xene orixina dúas variantes de transcrición que codifican a mesma proteína.[3]

  1. Hardy, Richard (2008). "Chapter 7: B Lymphocyte Development and Biology". En Paul, William. Fundamental Immunology (6th ed.). Philidelphia, PA: Lippincott Williams & Wilkins. pp. 237–269. ISBN 0-7817-6519-6. 
  2. Tedder TF, Streuli M, Schlossman SF, Saito H (1988). "Isolation and structure of a cDNA encoding the B1 (CD20) cell-surface antigen of human B lymphocytes". Proc Natl Acad Sci U S A 85 (1): 208–12. PMC 279513. PMID 2448768. doi:10.1073/pnas.85.1.208. 
  3. 3,0 3,1 "Entrez Gene: MS4A1 membrane-spanning 4-domains, subfamily A, member 1". 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne