CD21

Modelo do CD21 ou CR2 (baseado no PDB 1ghq).

O CD21 (cluster de diferenciación 21) ou receptor do compoñente do complemento (3d/virus de Epstein Barr) 2 ou CR2 é unha proteína da superficie celular de certas células inmunes (fundamentalmente) que se une a certos compoñentes do sistema do complemento. Este receptor únese ao iC3b (derivado inactivo do C3b), C3dg, ou C3d do complemento.[1] As células B teñen receptores CR2 nas súas superficies, o que permite que o sistema de complemento xogue un papel na activación e maduración das células B.[2]

Pode encontrarse en linfocitos B maduros, linfocitos T, células do epitelio farínxeo, astrocitos e células dendríticas foliculares do bazo.[3]

  1. Frank K, Atkinson JP (2001). "Complement system." In Austen KF, Frank K, Atkinson JP, Cantor H. eds. Samter's Immunologic Diseases, 6th ed. Vol. 1, p. 281-298, Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins, ISBN 0-7817-2120-2.
  2. "Entrez Gene: CR2 complement component (3d/Epstein Barr virus) receptor 2". 
  3. UniProt CR2 HUMAN

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne