![]() | |
Nome orixinal | (lkt) Tȟašúŋke Witkó ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1840 ![]() Dacota do Sur, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 5 de setembro de 1877 ![]() Fort Robinson, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Causa da morte | ferida de arma branca ![]() |
Lugar de sepultura | valor descoñecido ![]() |
Xefe tribal | |
Xefe de guerra | |
![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Dacota do Sur ![]() |
Grupo étnico | Sioux ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Sioux ![]() |
Ocupación | político, Xefe tribal ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Red Cloud's War (en) ![]() Guerra das Black Hills ![]() |
Participou en | |
25 de xuño de 1876 | Batalla de Little Bighorn ![]() |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Crazy Horse) ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Tȟašúŋke Witkó (en lingua lakota [tˣaʃʊ̃ke wɪtko] (AFI); literalmente vén a significar o seu cabalo está tolo), máis coñecido como Cabalo Tolo, nado en 1840 e finado o 5 de setembro de 1877 en Fort Robinson, Nebrasca, foi un home nativo americano e xefe prominente dos Lakota Oglala.
É coñecido por alzarse en armas contra o goberno federal dos Estados Unidos para loitar contra a invasión dos seus territorios e a destrución do modo de vida do pobo lakota. Liderou ó seu pobo na Batalla de Little Bighorn en xuño de 1876, da cal saíu vitorioso.
Finalmente, rematou por se render ás tropas dos Estados Unidos ante o xeneral Crook en 1877. Trala rendición, resultou fatalmente ferido por un garda militar por ofrecer unha suposta resistencia a ser encarcerado en Fort Robinson, na actual Nebrasca.