Cabinda

Modelo:Xeografía políticaCabinda

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°56′03″S 12°24′19″L / -4.9342, 12.4053
EstadoAngola Editar o valor en Wikidata
CapitalCabinda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Belize (pt) Traducir
Buco-Zau (pt) Traducir
Cabinda (pt) Traducir
Cacongo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación716.076 (2014) Editar o valor en Wikidata (98,5 hab./km²)
Lingua oficiallingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie7.270 km² Editar o valor en Wikidata
Creación15 de xaneiro de 1975 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2AO-CAB Editar o valor en Wikidata

Sitio webcabinda.gov.ao Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5491195

Cabinda é unha das 18 provincias de Angola situadas na rexión norte do país, sendo a máis norteña. Constitúe un enclave limitado a norte pola República do Congo, a leste e a sur pola República Democrática do Congo e a oeste polo océano Atlántico. Capital: Cabinda.

Administrativamente, a provincia está formada polos municipios de Cabinda, Cacongo (antiga Landana), Buco-Zau e Belice.

Cabinda, tamén coñecida como o Congo Portugués, foi a parcela do antigo Reino do Kongo atribuído a Portugal na Conferencia de Berlín, 1885, onde simultaneamente naceron o Congo Belga (Ex Zaire e actual República Democrática do Congo) e o Congo Francés (Actual República do Congo Brazzaville).

Nas vésperas da Conferencia de Berlín, os príncipes e os notábeis de Cabinda asinan o Tratado de Simulambuco con Portugal onde colocaron o territorio de Cabinda baixo protectorado luso.

En 1974, despois da Revolución do 25 de abril en Portugal, varios intereses políticos levan Cabinda a se integrar en Angola, coa cal non ten fronteiras comúns. Logo, despois da independencia de Angola (1975), a Fronte de Liberación do Enclave de Cabinda, que reclama o dereito á independencia do enclave, emprende unha guerra contra a presenza angolana que perdura ata os días de hoxe.

Rico en petróleo, de Cabinda extraese preto do 70 % do petróleo exportado por Angola que representa mais do 80% das exportacións angolanas. Cabinda tornou así no palco de múltiplos intereses internacionais, e consecuentemente nun territorio que ten sido branco de constantes violacións dos Dereitos Humanos.

Segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística, ten unha poboación de 801.374 habitantes e unha área territorial de 7 283 km², sendo a provincia máis densamente poboada de Angola despois de Luanda. [1]

  1. Schmitt, Aurelio. Município de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018. Revista Conexão Emancipacionista. 3 de fevereiro de 2018.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne