Diagrama esquemático dun anticorpo típico que mostra dúas cadeas pesadas de Ig (azuis) unidas por enlaces disulfuro de dúas cadeas lixeiras de Ig (verdes). Móstranse os dominios constante (C) e variable (V).Unha molécula de anticorpo. As dúas cadeas pesadas están coloreadas de vermello e azul e as dúas lixeiras de verde e amarelo. Ver tamén:[1]
A cadea lixeira das inmunoglobulinas é a subunidade polipeptídica pequena dun anticorpo (inmunoglobulina), que se encontra nos brazos da molécula con forma de Y dos anticorpos.
Un anticorpo típico está composto de dúas cadeas pesadas de Ig e dúas cadeas lixeiras.