Cadeira do Eisteddfod Genedlaethol | |
---|---|
As cadeiras de bardo de Hedd Wyn | |
Tipo | premio |
Propósito | Premiar e promover artistas e obras da poesía en lingua galesa |
Data de fundación | 1861 |
País | Gales |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Cátedra ou Cadeira (en galés Cadayr) é un dos maiores premios do Eisteddfod Genedlaethol ou National Eisteddfod. Tradicionalmente, é un premio á mellor awdl (oda) de menos de 300 liñas, aínda que hai unha tendencia recente a reducir o número de liñas a 200. A entrega do premio ten lugar o venres do Eisteddfod cos Gorsedd presentes no escenario. Aínda que a Cadeira Nacional Eisteddfod é unha creación relativamente recente (froito das actividades de Iolo Morganwg e outros), a práctica de presidir na cadeira un poeta nace da Idade Media cando se adoitaba ofrecerlle unha cadeira especial ao poeta na corte do rei segundo as leis do Cyfraith Hywel Dda.