![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2024.) |
Unha cadeira[1] é un moble con respaldo e a súa finalidade é servir de asento a unha soa persoa. Normalmente ten catro patas pero pode ter unha, dúas, tres ou máis. Algunhas contan con repousabrazos. Poden estar fabricadas en diferentes materiais: madeira, ferro, forxa, plástico ou unha combinación de varios. Segundo o seu deseño poden ser clásicas, rústicas, modernas, de oficina etc.