![]() | |
---|---|
Área de radiodifusión | ![]() ![]() ![]() |
Eslogan | Escucha con nosotros la vida |
Formato | OM FM DAB Satélite FTA Internet |
Clase | Xeralista, comercial |
Indicativo | SER |
Afiliación | Grupo PRISA |
Propietario | Prisa Radio |
Na rede | |
Webcast | |
http://www.cadenaser.com/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Cadena SER (acrónimo de Sociedad Española de Radiodifusión) é unha das canles xeralistas de radio de maior antigüidade e ouvintes de España. Ademais, é a que conta cun maior número de emisoras repartidas por toda España e cos mellores índices de audiencia do país.
Pertence ó grupo radiofónico Unión Radio e está controlada accionarialmente polo Grupo PRISA, grupo editorial que conta tamén coas emisoras musicais Los 40 Principales, Cadena Dial, M80 Radio, Radiolé, Máxima FM e Ona FM, así como tamén xornais coma El País.