Calella de Palafrugell

Praia do Port Bo

Calella de Palafrugell é unha localidade do concello de Palafrugell, na provincia de Xirona, Cataluña. Tiña en 2009 unha poboación de 782 habitantes.

Está situada nunha zona rochosa de costa, xunto a Llafranc, outro núcleo costeiro e turístico situado máis ao norte. Situada en plena Costa Brava, é unha localidade pintoresca que conserva o antigo encanto das vilas da zona antes da chegada do turismo de masas.

Entre as súas praias destacan as do Canadell, el Port Bo e en Calau.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne