Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI |
Morte | c. 602 Rávena, Italia |
Exarca de Ravenna | |
596 – 602 ← Romano – Esmaragdo → | |
Actividade | |
Ocupación | oficial, militar |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Calinico ou Kallinikos (Καλλίνικος en grego) foi o exarca de Rávena (597 - 602 ou 603). É chamado Gallicinus por algúns historiadores porque o gran historiador longobardo Paulo o Diácono o chama Gallicini patricii[1], o que en galego é o patricio Gallicinus[2].
Os primeiros anos do seu goberno estiveron marcados por unha sorte relativamente boa.
En 598 asinouse un armisticio entre os bizantinos e os longobardos, e no ano seguinte foi establecido un período de paz formal de dous anos, no que se recoñeceu aos longobardos como señores soberanos das súas posesións. Sobre o ano 602, Calinico tentou renovar o tratado de paz, á vez que secuestraba á filla do rei longobardo Axilulfo e ao seu home para ter máis forza á hora de negociar. No canto diso, Axilulfo invadiu a Italia Imperial, destruíndo Padua e capturando Monselice. Pouco despois Calinico morreu e foi sucedido por Esmaragdo de Rávena.
Exarcado de Rávena | ||
---|---|---|
Segue a: Romano |
Calinico, exarca | Precede a: Esmaragdo |