Call of Duty (serie)

Call of Duty é unha serie de videoxogos pertencente ao xénero FPS polas súas iniciais en inglés (First Person Shooter). Orixinalmente foi unha serie propia do PC, pero despois apareceu en diversas videoconsolas de quinta e sexta xeración. Ademais destas entregas principais, desde 2003, foron postas á venda diversas entregas para consolas portátiles e móbiles. A maior parte dos xogos están ambientados durante a segunda guerra mundial. Activision é o propietario da franquía e é a empresa que xestiona a creación e distribución das entregas. As versións para Mac son responsabilidade de Aspyr Media. A maioría dos xogos foron programados por Infinity Ward e Treyarch. Noutras versións colaboraron: Gray Matter Interactive, Spark Unlimited, Pi Studios, Amaze Entertainment, Rebellion Developments, e n-Space[1]. En máis dunha ocasión, os estudos compartiron motores gráficos, como ocorre en Call of Duty 4: Modern Warfare e Call of Duty: World at War. Outras empresas adícanse á creación de xoguetes e bandas deseñadas relacionadas con Call of Duty. Cara 26 de marzo de 2015 as vendas globais ascendían a 175 millóns de unidades aproximadamente [2].

  1. "List of Call of Duty developers". Call of Duty Wiki (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-05. 
  2. "175 millones de copias vendidas de Call of Duty". 3DJuegos. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-05. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne