Unha cama[1] ou un leito é un moble que, normalmente, é usado para durmir durante a noite. Agora ben, tamén pode usarse para outras cousas, tales como: ler, sentar, descansar, ter relacións sexuais, repousar en períodos de enfermidade etc.
As camas preséntanse nun amplo abano de formas e tamaños. As primeiras eran pouco máis que pilas de palla ou algún outro material natural, que se estendían pola noite sobre o chan e se recollían polo día. Unha mellora importante constituíuna o levantalas do chan para evitar humidades, lixo e infeccións.