កម្ពុជា (km) ![]() | |||||
Himno | Nokoreach ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «ជាតិ សាសនា ព្រះមហាក្សត្រ» «Teyrnas Syfrdandod» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Phnom Penh ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.423.880 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | Lingua khmer ![]() | ||||
Relixión | budismo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 181.035 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Phnum Aoral (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Golfo de Tailandia (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 9 de novembro de 1953 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional ![]() | ||||
• Rei ![]() | Norodom Sihamoni (2004–) ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Hun Manet (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Cambodia (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 26.961.061.152 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | riel camboxano ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .kh ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +855 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 119, 117 e 118 ![]() | ||||
Código de país | KH ![]() | ||||
![]() |
Camboxa,[1][2][3] ou Cambodia[4] oficialmente Reino de Camboxa (khmer: ព្រះរាជាណាចក្រកម្ពុជា, Preăh Réachéanachâkr Kâmpŭchea), é un país asiático situado en Indochina, limita ó norte con Laos, ó leste e ó sur co Vietnam, ó oeste co Golfo de Tailandia e ó oeste e ó norte con Tailandia.
O estado soberano de Camboxa ten unha poboación de máis de 15 millóns de habitantes. O budismo está consagrado na constitución como a relixión estatal oficial e é practicado por máis do 97% da poboación. Os grupos minoritarios de Camboxa inclúen vietnamitas, chineses, chams e 30 tribos dos outeiros.[5] A capital e a cidade máis grande é Phnom Penh, o centro político, económico e cultural de Camboxa. O reino é unha monarquía constitucional electiva cun monarca, actualmente Norodom Sihamoni, elixido polo Consello Real do Trono como xefe de Estado. O xefe de goberno é o Primeiro ministro, actualmente é Hun Sen, un dos líderes non reais máis antigos no sueste asiático, gobernando Camboxa desde 1985.