Camp Cope | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Melbourne, ![]() |
Período | 2015-presente |
Xénero(s) | rock alternativo, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Run for Cover, Poison City Records |
Membros | Georgia McDonald Kelly-Dawn Hellmrich Sarah Thompson |
Na rede | |
campcope.bandcamp.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Camp Cope é unha banda australiana de rock alternativo procedente de Melbourne. Fundado en 2015, o grupo está composto pola cantante e guitarrista Georgia "Maq" McDonald (filla de Hugh McDonald), a baixista Kelly-Dawn “Kelso” Hellmrich e a batería Sarah "Thomo" Thompson. Camp Cope ten un contrato co selo independente de Melbourne Poison City Records (onde tamén traballa Thompson),[1] e co selo independente de Boston Run For Cover Records que distribúe os seus traballos en Norteamérica e Europa.[2]
O seu traballo de estrea, Camp Cope, publicado en abril de 2016, alcanzou o top 40 na lista de álbums da ARIA, e foi nomeado ao J Award para o Álbum do ano australiano.[3] A banda tamén foi nomeada en seis categorías dos primeiros National Live Music Awards e gañou o 'Heatseeker Award'.[4] A páxina web Faster Louder elixiu o álbum de estrea de Camp Cope como o seu Álbum do ano para 2016. O grupo tamén gañou o premio ao Mellor artista emerxente nos The Age Music Victoria Awards de 2016.[5]
Camp Cope foi descrito como "parte Courtney Barnett, parte Juliana Hatfield",[6] e "melódico, edificante e doído".