![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Nome na lingua orixinal | (en) UEFA Under-19 Championship ![]() |
---|---|
Tipo | torneo ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | UEFA ![]() |
Número de participantes | 8 ![]() |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1948 – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… ![]() |
O Campionato Europeo da UEFA Sub-19 é unha competición anual de fútbol organizada polo organismo deportivo europeo UEFA. A competición leva a cabo desde 1948. O seu nome orixinal foi o de Torneo júnior da FIFA, ata que en 1955 a UEFA se encargase de organizalo. En 1980, foi adaptado e bautizado como o Campionato Europeo Sub-18, ata os recentes cambios para a selección de xogadores en 2001, que fan que o torneo reciba o seu actual nome. O campionato celebrouse cada ano desde a súa inauguración en 1948, excepto durante o período entre 1984 e 1992, que se organizou cada dous anos.
O torneo xogouse con diferentes formatos ao longo da súa existencia. Actualmente[cando?] consiste en dúas fases, de xeito similar a outros campionatos europeos da UEFA. A fase de clasificación está aberta a todos os membros da UEFA, e a fase final compona oito equipos.
Os tres equipos mellor clasificados de cada grupo clasifícanse para a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 do seguinte ano.