Tipo | serie de competición de automobilismo |
---|---|
Deporte | carreira de coches deportivos e carreiras de resistencia de automóbiles |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil Automobile Club de l'Ouest (pt) |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2012 – |
Outro | |
Páxina web oficial | fiawec.com |
O Campionato Mundial de Resistencia da FIA (oficialmente FIA World Endurance Championship[1]) é unha competición de automobilismo de velocidade que se disputa entre sport prototipos e gran turismos. Ao longo da súa historia cambiou o seu nome e a súa normativa numerosas veces.
Actualmente está organizado polo Automobile Club de l'Ouest e sancionado/regulado pola Federación Internacional do Automóbil.
Substitúe á vella Le Mans Intercontinental Cup do ACO que comezou en 2010, e é a primeira serie de resistencia do campionato mundial desde a desaparición do World Sportscar Championship ao final de 1992. O nome do Campionato Mundial de Resistencia foi usado anteriormente pola FIA desde 1981 ata 1985.
A serie presenta varias clases de coches que compiten en carreiras de resistencia, con Sport prototipos competindo cos Hypercar ( LMH) e LMP2 e gran turismo baseados na produción que compiten nas categorías LM GTE Pro e Am. Os títulos de campións do mundo outórganse aos pilotos e fabricantes con maior puntuación durante a tempada,[2][3] mentres se outorgan outras copas e trofeos para pilotos e equipos privados.[4]