Tipo | Copa do Mundo de Baloncesto ![]() |
---|---|
Lema | One world, one title ![]() |
Mascota | Bad Badtz-maru (en) ![]() ![]() |
Número de participantes | 24 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Xapón ![]() |
Intervalo de tempo | 19 de agosto de 2006 – 3 de setembro de 2006 ![]() |
Número de edición | 15 (2006) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | España (1º) Grècia Estados Unidos de América ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 80 ![]() |
Puntos por partido | Yao Ming |
Xogador máis valioso | Pau Gasol ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | fiba2006.com ![]() |
O Campionato mundial de baloncesto de 2006 (tamén chamado Mundobasket 2006) disputouse no Xapón entre o 19 de agosto e o 3 de setembro de 2006. Foi o número XV, e por primeira vez dende o campionato de 1986 houbo 24 seleccións participantes.
Os organizadores son a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), a Asociación Xaponesa de Baloncesto (JABBA) e o Comité organizador do campionato mundial de baloncesto de 2006.
O título foi gañado por España, que derrotou na final a Grecia por 70-47, sendo para ámbalas dúas seleccións as primeiras medallas nun mundial. A medalla de bronce foi gañada por Estados Unidos tras derrotar a Arxentina na final de consolación por 96-81.