![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tipo | international rally championship series (en) ![]() ![]() |
---|---|
Organizador | Federación Internacional do Automóbil ![]() |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1973 – ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | wrc.com ![]() |
O Campionato do Mundo de Rally, (FIA World Rally Championship en inglés, abreviado WRC) é unha competición de rally que se organiza anualmente dende 1973 pola FIA e que se disputa en diferentes países do mundo combinando probas de rally en diferentes superficies, culmina cun campión de pilotos e de construtores. O campionato mundial de pilotos e o campionato mundial de construtores son campionatos separados, pero baséanse no mesmo sistema de puntos. A serie consta actualmente de 13 carreiras de tres días conducidos en superficies que van desde grava e asfalto ata neve e xeo. Cada rally divídese en 15-25 etapas especiais que se corren contra o reloxo en estradas pechadas.
O WRC creouse a partir de rallyes internacionais coñecidos e populares, a maioría dos cales formaran previamente parte do Campionato Europeo de Rally ou do Campionato Internacional de Construtores, e a serie disputouse por primeira vez en 1973. O World Rally Car é o nome actual da serie. Desenvolveuse a partir de autos Grupo A que substituíron os superdeportivos prohibidos Grupo B. Os World Rally Cars están fabricados sobre coches de produción de catro cilindros e 1.6 litros, pero contan con sistemas turbocompresor, anti-lag, catro rodas motrices, caixa de cambios secuencial, partes aerodinámicas e outras melloras que elevan o prezo dun automóbil WRC a ao redor de 700.000 euros (£ 500.000).[1]
Desde a tempada 2013 este campionato ten novas categorías, xa que se creou o Campionato Mundial de Rally 2 (World Rally Championship 2 en inglés ou WRC 2), que era o Campionato Mundial de Rally Super 2000 e ao cal integróuselle o Grupo N do Campionato Mundial de Rally de Automóbiles de Produción. Adicionalmente, este último cambiou de nome a Campionato Mundial de Rally 3 (World Rally Championship 3 en inglés ou WRC 3) e é só para automóbiles de tracción dianteira. Finalmente, a Academia WRC cambiou de nome a Campionato Mundial Júnior (Junior WRC en inglés).[2]