Campionato do Mundo de ciclismo en ruta

Modelo:Competición deportivaCampionato do Mundo de ciclismo en ruta
Imaxe
Tipocampionato do mundo Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUnión Ciclista Internacional Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1921 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuci.ch Editar o valor en Wikidata

O Campionato do Mundo de ciclismo en ruta é unha competición ciclista organizada pola Unión Ciclista Internacional que se disputa cada ano polo mes de setembro, celebrando varias probas das diversas disciplinas de ciclismo en ruta, tanto en liña como contra o reloxo, masculino e feminino, cuxos gañadores reciben o título de "Campións do Mundo" na súa modalidade e o dereito a levar unha camisola distintiva durante todo o ano seguinte.

Unha das súas particularidades máis salientables é que os participantes defenden as cores das súas seleccións nacionais, e non as dos seus equipos, salvo na proba contra o reloxo por equipos, que se disputou ata o ano 2018. Por isto, malia ser considerada unha das citas máis importantes do ano no ciclismo internacional, os resultados do Campionato do Mundo non están incluídos na clasificación do UCI World Tour.

A proba raíña do campionato é a carreira en liña sénior masculina, que se ven disputando dende 1927 coa excepción dos anos da segunda guerra mundial. Nesta modalidade acadaron tres vitorias o italiano Alfredo Binda, os belgas Rik Van Steenbergen e Eddy Merckx, e o español Óscar Freire.

A muller con máis triunfos é a francesa Jeannie Longo que acadou cinco ouros na proba en ruta e outras carte na loita contra o crono, ademais de varios segundos e terceiros postos fazendo un total de dezaseis medallas[1].

  1. "Jeannie Longo". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-04-25. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne