Distribución tradicional do can de palleiro no agro galego.[1]
Distribución tradicional do can de palleiro no agro galego.[1]
O can de palleiro é unha raza de can de tamaño medio orixinaria de Galicia.[2] Tradicionalmente, era o can por antonomasia do agro galego e a súa función era a de can pastor e tamén de garda,[3][4] mais hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións, como axuda a discapacitados, cans de terapias,[5] cans de salvamento[6] ou en competicións deportivas como o canicross e o agility.[1][7] É unha das catro razas de cans autóctonas de Galicia, xunto co guicho, o perdigueiro e o podengo galego.
Estivo a piques de desaparecer por mor dos cruzamentos con outras razas. O seu proceso de recuperación comezou na década de 2000, e en decembro de 2017 había 1 275 cans inscritos no libro xenealóxico do Club da Raza Can de Palleiro.[8] En 2023 había un total de 2.332 exemplares, o que supón un aumento do 67% con respecto ao ano 2018, cando había 1.395.[9]
↑ 1,01,1Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome can na voz