Un cancelo[1][2] (en inglés "hashtag", que provén de "hash", signo do cancelo, e "tag", etiqueta) é unha secuencia de caracteres composta por unha ou varias palabras encadeadas e precedidas por un sinal cancelo (#). É, polo tanto, unha etiqueta de metadatos precedida por un carácter especial, de xeito que tanto o sistema como o usuario o identifiquen axiña. É empregado en servizos da web como Twitter, Instagram ou de mensaxería baseados en protocolos IRC para sinalar un tema sobre o que xira unha certa conversa.