Cancro colorrectal | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() Diagrama do tracto gastrointestinal baixo. | |
OMIM | 114500 |
DiseasesDB | 2975 |
MedlinePlus | 000262 |
eMedicine | med/1994 ped/3037 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O cancro colorrectal, tamén chamado cancro de colon, inclúe calquera tipo de neoplasias do colon, recto e apéndice.[1] Pénsase que moitos dos casos de cancro colorrectal nacen dun pólipo adenomatoso no colon.[2] Estes crecementos celulares en forma de fungo son usualmente benignos, pero de cando en vez vólvense cancerosos co tempo. Na maioría dos casos, o diagnóstico do cancro localizado é por colonoscopia. O tratamento é polo xeral cirúrxico, e en moitos casos é seguido por quimioterapia. Os sinais e síntomas poden incluír sangue nas feces, alteracións nos movementos intestinais, perda de peso e sensación permanente de cansazo.[3]