![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Os caneiros, pesqueiras ou pescos son unha especie de dique ou presa construída en diagonal no curso dun río, dende onde se pesca ou coa que se desvía a auga para poder pescar.
É unha construción tradicional ligada á hidráulica, ás veces complexa, aproveitando un lugar natural, xeralmente un vao ou un rochedo, de xeito que o conxunto se habilita para a pesca principalmente de lamprea, pero tamén de salmón, zamborca e outras especias piscícolas.
Das pesqueiras fálase xa en documentos do século XII aínda que, probablemente, moitas delas se remontan á época romana. Manuel Caamaño Suárez foi dos primeiros que estudou, entre outras construción tradicionais, os caneiros en Galicia.
Existen en toda a xeografía galega, especialmente no río Miño con cadansúa variante; por exemplo os pescos do Ulla en Herbón son un pouco distintos dos do Miño. En 1908 había en só 25 quilómetros do baixo Miño unhas 700 pesqueiras. A pesca nos caneiros e pesqueiras adoitábase facer en grupo. Nalgúns casos estas construccións permitían ademaís atravesar o río dunha ribeira a outra.[1]