Tipo | conxunto histórico-artístico canal de navegación canal de rego ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Plan Nacional de Patrimonio Industrial European Route of Industrial Heritage (en) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Castela e León, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 207 (![]() | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 13 de xuño de 1991 | |||
Identificador | RI-53-0000397 | |||
A canle de Castela é unha obra de enxeñaría hidráulica feita co propósito de facilitar o transporte de trigo de Castela ata os portos do norte e dende alí a outros mercados. Percorre parte das provincias de Burgos, Palencia e Valladolid, na comunidade autónoma de Castela e León. Foi realizada entre mediados do século XVIII e o primeiro terzo do XIX, se ben a chegada do ferrocarril logo fixo que quedase obsoleta. Está declarada como Ben de interese cultural, RI-53-0000397, na categoría de Conxunto Histórico Artístico dende o 13 de xuño de 1991.[1] Orixinalmente concibida como unha rede de catro canles que unirían Segovia con Reinosa, só se chegaron a construír tres ramais (o Norte, o Sur e o de Campos).[2] Cunha anchura que varía entre 11 e 22 metros, a canle discorre ó longo de 207 quilómetros, atravesando 38 termos municipais,[3] e unindo as localidades de Alar del Rey (Palencia), onde ten o seu nacemento, coas de Valladolid e de Medina de Rioseco, situadas respectivamente ó final dos ramais Sur e de Campos (a Canle ten forma de Y invertido). Ten un desnivel total de 150 metros.[3]
A meirande parte da canle discorre pola provincia de Palencia (o ramal Norte por completo e tamén unha parte dos ramais Sur e de Campos). Nela sitúanse dous dos puntos máis emblemáticos da infraestrutura. O primeiro é o cruzamento co río Carrión, en Calahorra de Ribas (concello de Ribas de Campos), que lle fornece augas. O segundo e El Serrón (concello de Grijota), onde a canle galla nos ramais de Campos (cara a Medina de Rioseco) e do Sur (cara a Valladolid). Poucos quilómetros augas abaixo, o ramal Sur flanquea a cidade de Palencia polo oeste, coa cal se comunica mediante unha dársena que chega deica a beira mesma do río Carrión, construída para facilitar as tarefas de carga e descarga.
En Calahorra de Ribas pódese ler un monumental fito erixido para conmemorar a unión dos ríos Carrión e Pisuerga en agosto de 1791:
No Reinado do Señor Don Carlos IV e da súa muller Dona Luísa María a expensas do Real Erario, sendo Ministro do Excmo Señor Conde de Lerena, baixo cuxas ordes dirixiu a obra o Coronel Juan de Homar, Cabaleiro de Calatrava. Era o Conde de Lerena, Don Pedro López de Lerena Cuenca, Ministro de Facenda naqueles anos.