Unha canle de calcio é unha canle iónica proteica situada nas membranas biolóxicas que mostra permeabilidade selectiva a ións calcio. Moitas veces utilízase como sinónimo de canle de calcio dependente de voltaxe,[1] aínda que existen tamén canles de calcio dependentes de ligando.[2]