O Canon de Bayreuth é un catálogo de óperas do compositor alemán Richard Wagner que foron representadas no Festival de Bayreuth.[1] O festival, que está adicado á representación destas obras, foi fundado polo compositor en 1876 na localidade bávara de Bayreuth, e continuou baixo a dirección da súa familia dende a súa morte. Aínda que inicialmente non estaba planeado mantelos anualmente, tiveron lugar en xullo e agosto todos os anos dende a tempada do seu 75 aniversario en 1951. O seu lugar de celebración é o Bayreuther Festspielhaus, un teatro de ópera construído para o primeiro festival.[2] Frecuentemente considérase a asistencia ao festival como unha peregrinación realizada polos afeccionados a Wagner.[3]