Car Seat Headrest | |
---|---|
![]() Will Toledo, líder da banda | |
Orixe | Leesburg, Virxinia, ![]() |
Período | 2010 - presente |
Xénero(s) | indie rock, lo-fi pop |
Selo(s) discográfico(s) | Matador Records |
Membros | Will Toledo Ethan Ives Andrew Katz Seth Dalby |
Na rede | |
carseatheadrest.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Car Seat Headrest é unha banda estadounidense de indie rock procedente orixinalmente de Leesburg, Virxinia e baseada no presente en Seattle, Washington. O grupo iniciouse en 2010 como un proxecto de gravación en solitario de Will Barnes, coñecido como Will Toledo. Car Seat Headrest leva publicados 12 álbums a través da plataforma musical Bandcamp. Asinou un contrato con Matador Records en 2015 e comezou unha xira en 2016 presentando o material do seu derradeiro disco, Teens of Denial, como unha banda completa. O traballo de Toledo destaca polo seu gran culto online. O grupo chamou a atención de publicacións como Pitchfork Media,[1] Rolling Stone,[2] The New Yorker[3] e Paste,[4] entre outras.