Cardiff Rugby

Cardiff Rugby
UniónWelsh Rugby Union
Alcume(s)Blue and blacks
Fundación2003; hai 22 anos
SedeGales Cardiff, Gales
Estadio(s)Cardiff Arms Park
Capacidade12.125 espectadores
PresidenteAlun Jones
AdestradorJohn Mulvihill
CapitánEllis Jenkins
CapsTaufa'ao Filise (255)
AnotadorBen Blair (1078)
EnsaiosTom James (60)
Liga(s)Pro14
2018−195º (conferencia A)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.cardiffrugby.wales/
Instagram: cardiff_blues Editar o valor en Wikidata

O Cardiff Rugby (en galés: Rygbi Caerdydd), até 2021 coñecido como Cardiff Blues (Gleision Caerdydd), é un dos catro equipos profesionais de rugby de Gales. Con sede na cidade de Cardiff, a capital de Gales, xoga os seus encontros como local no Cardiff Arms Park, un estadio con capacidade para 12.125 espectadores. Os Cardiff Blues son os responsables do desenvolvemento do rugby na cidade de Cardiff, Bro Morgannwg, Rhondda Cynon Taf, Merthyr Tydfil e o sur de Powys. Hai en total 75 clubs asociados aos Blus neste rexión, incluído aos semiprofesionais Pontypridd RFC e Cardiff RFC da Welsh Premier Division.

Actualmente o equipo compite no Pro14, unha liga que inclúe equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. Até 2018 tamén disuptaban a Anglo-Welsh Cup, onde se enfrontaban a equipos galeses e ingleses. A nivel europeo, ten participado tanto na European Rugby Champions Cup como na European Rugby Challenge Cup, competición que gañaron en 2010 tras gañar por 28−21 ao Toulon (sendo o primeiro equipo galés en gañar un título europeo) e en 2018, onde venceron na final ao Gloucester por 31-30.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne