Caress of Steel

Caress of Steel
Álbum de Rush
Publicado24 de setembro de 1975
Gravaciónxullo de 1975
Estudio(s)Toronto Sound, Toronto
Duración45:04
Xénero(s)rock progresivo
Selo(s)Mercury Records
ProdutorRush, Terry Brown
Cronoloxía
Fly by Night
(1975)
Caress of Steel 2112
(1976)
Na rede
Discogs: 7427 Allmusic: mw0000650729 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Caress of Steel é o terceiro álbum de estudio da banda canadense de rock Rush, publicado o 24 de setembro de 1975 a través do selo Mercury Records. Foi gravado xusto despois de que o grupo rematase a xira de promoción do seu anterior traballo, Fly by Night, e marcou un desenvolvemento no son da banda, movéndose do estilo hard rock baseado no blues da súa estrea cara o rock progresivo. Temas como "The Necromancer" impulsaron o avance de Rush cara composicións narrativas baseadas na fantasía, mentres que "The Fountain of Lamneth" foi a súa primeira "épica" prog-rock en abarcar toda unha cara do vinilo. Outros temas como "Bastille Day" e "Lakeside Park" convertéronse en elementos básicos dos directo da banda.

Aínda que os membros da banda inicialmente estaban orgullosos do seu traballo en Caress of Steel, o álbum demostrou ser un baixón comercial e de crítica para Rush xa que o son máis escuro e as composicións fantásticas do álbum non conseguiron atopar público e confundiron a algúns dos seus seguidores, poñendo as malas vendas á banda en perigo de ser botados de Mercury. A recepción mediocre impactou nas oportunidades de concertos da banda, o que os levou a bautizar a xira de promoción como Down The Tubes Tour. A pesar de ser visto máis positivamente polos fans da banda en retrospectiva, Ultimate Classic Rock sinalou que o álbum aínda é considerado "a ovella negra do seu catálogo".[1]

  1. Reed, Ryan ReedRyan (2015-09-24). "When Rush Delved Into Prog With 'Caress of Steel'". Ultimate Classic Rock (en inglés). Consultado o 2024-08-05. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne