Carl Nielsen

Modelo:BiografíaCarl Nielsen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(da) Carl August Nielsen Editar o valor en Wikidata
9 de xuño 1865
Sortelung, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 1931 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vestre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNørre Lyndelse Parish (en) Traducir
Frederiksgade
Nyhavn
Frederiksholms Kanal Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia Danesa de Música Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra, profesor de música, pianista, autobiógrafo, compositor de música clásica, coreógrafo, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1888 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoÓpera e sinfonía Editar o valor en Wikidata
AlumnosNancy Dalberg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoFliscorno, piano, violín, alto trombone (en) Traducir, trompeta e bugle (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAnne Marie Carl Nielsen (1891–) Editar o valor en Wikidata
FillosAnne Marie Telmany Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, (p.149), Editar o valor en Wikidata
Sitio webcarlnielsen.dk Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0630753 BNE: XX1048320 Spotify: 73I7vbj7hzsw8rW4LUoxtz iTunes: 617134 Last fm: Carl+Nielsen Musicbrainz: 1be1367d-119f-4b08-bdfe-50b95043e544 Songkick: 312909 Discogs: 841356 IMSLP: Category:Nielsen,_Carl Allmusic: mn0001162762 Find a Grave: 10054498 Editar o valor en Wikidata

Carl August Nielsen, nado en Sortelung (Dinamarca) o 9 de xuño de 1865 e finado en Copenhague o 3 de outubro de 1931, foi un compositor, director de orquestra e violinista dinamarqués, amplamente recoñecido como o meirande dos compositores clásicos do seu país.

Criado por pais pobres mais con talento musical na illa de Funen, amosou as súas habilidades musicais a unha idade temperá. Inicialmente tocou nunha banda militar antes de asistir á Real Academia Dinamarquesa de Música en Copenhague dende 1884 ata decembro de 1886. Estreou o seu Op. 1, Suite para cordas, en 1888, aos 23 anos. O ano seguinte, Nielsen comezou un período de 16 anos como segundo violinista da Real Orquestra Dinamarquesa baixo a dirección de Johan Svendsen, durante o cal tocou a estrea dinamarquesa das óperas de Giuseppe Verdi, Falstaff e Otello. En 1916, tomou un posto de profesor na Real Academia Dinamarquesa, que ocupou ata a súa morte.

Aínda que as súas sinfonías, concertos e música coral son agora recoñecidos internacionalmente, a carreira e a vida persoal de Nielsen estiveron marcadas por moitas dificultades, que frecuentemente se reflicten na súa música. As obras que compuxo entre 1897 e 1904 son ás veces atribuídas ao seu período "psicolóxico", como resultado dun matrimonio turbulento coa escultora Anne Marie Brodersen. Nielsen é especialmente coñecido polas súas seis sinfonías, o seu Quinteto de vento e os seus concertos para violín, frauta e clarinete. En Dinamarca, a súa ópera Maskarade e moitas das súas cancións convertéronse nunha parte integrante do patrimonio nacional. A súa música temperá estivo inspirada por compositores como Brahms e Grieg, mais axiña desenvolveu o seu propio estilo, primeiro experimentando coa tonalidade progresiva e posteriormente diverxendo aínda máis radicalmente dos estándares de composición que aínda eran comúns na época. A sexta e última sinfonía de Nielsen, Sinfonia semplice, foi escrita en 1924–25. Morreu dun ataque ao corazón seis anos despois e está enterrado no Cemiterio Vestre de Copenhague.

Nielsen mantivo a reputación de estraño musical durante a súa vida, tanto no seu propio país como a nivel internacional. Foi só máis tarde cando as súas obras entraron firmemente no repertorio internacional, aumentando a súa popularidade dende a década de 1960 por medio de Leonard Bernstein e outros. En Dinamarca a reputación de Nielsen selouse en 2006 cando tres das súas composicións foron incluídas polo Ministerio de Cultura entre as doce mellores pezas de música dinamarquesa. Durante moitos anos apareceu no billete dinamarqués de 100 coroas. O Museo Carl Nielsen en Odense documenta a súa vida e a da súa dona. Entre 1994 e 2009 a Real Biblioteca Dinamarquesa, patrocinada polo goberno dinamarqués, completou a Carl Nielsen Edition, dispoñible en liña de xeito gratuíto, que contén información en profundidade e partituras de todas as obras de Nielsen, moitas das cales non foran publicadas previamente.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne