Carolina[1][2] é un nome propiofemininogalego. Procede do xermánicoKarl (home nas linguas nórdicas), latinizado como Carolus que tamén dá orixe á variante masculina Carlos. Nun principio significaba home libre mais despois pasou a designar o cargo de mestre ou mordomo do pazo entre os reis francos. Cando o poder destes mordomos medrou, Karl pasou a ser un título e, finalmente, chegou a ser nome propio.[3] En galego tamén ten as variantes Carlota e Carla, e o hipocorísticoCarola.[2]
En xaneiro de 2023 existían 3.264 mulleres en Galicia co nome Carolina, cunha media de idade de 33,2 anos,[4] 2.424 co nome Carlota, cunha media de idade de 18,3 anos,[5] 5.713 co nome Carla, cunha media de idade de 17,6 anos[6] e 38 co nome Carola, cunha media de idade de 23,8 anos.[7]
↑Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..."(PDF). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.