State of South Carolina (en) | |||||
Himno | Carolina (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Dum spiro spero (en) » | ||||
Símbolo oficial | Carolina tartan (en) (Tartán) | ||||
Alcume | The Palmetto State | ||||
Epónimo | Província da Carolina (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Columbia | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.118.425 (2020) (61,72 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.961.481 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 82.931 km² | ||||
Auga | 6,12 % | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 105 m | ||||
Punto máis alto | Sassafras Mountain (en) (1.085 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 23 de maio de 1788 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of South Carolina (en) | ||||
• Governador da Carolina (pt) | Henry McMaster (2017–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Xeral de Carolina do Sur , | ||||
Máxima autoridade xudicial | South Carolina Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-SC | ||||
Identificador GNIS | 1779799 | ||||
Sitio web | sc.gov |
Carolina do Sur[1] (en inglés: South Carolina [ˌsaʊθ kɛɹəˈlaɪnə])[2][3] é un dos cincuenta estados que forman os Estados Unidos de América, situado na rexión sueste do país. A pesar da súa pequena extensión territorial, é un dos líderes nacionais de produción téxtil e o segundo maior produtor de tabaco dos Estados Unidos, só superado por Carolina do Norte.
A rexión que actualmente constitúe Carolina do Sur formou parte inicialmente da colonia inglesa de Carolina, nomeada en homenaxe ao rei Carlos II de Inglaterra (en latín Carlos é Carolus). En 1712, a colonia de Carolina separouse en dúas: Carolina do Norte e Carolina do Sur.
Carolina do Sur foi unha das Trece Colonias que se rebelou contra o goberno británico na Guerra da Independencia dos Estados Unidos. Carolina do Sur converteuse no oitavo estado americano o 23 de maio de 1788. Foi o primeiro estado en separarse da Unión, o 20 de decembro de 1860, logo da elección de Abraham Lincoln, para fundar os Estados Confederados de América. A guerra civil estadounidense comezou en Carolina do Sur, o 12 de abril de 1861, cando tropas confederadas invadiron Fort Sumter. Despois do fin da guerra, o estado sería readmitido novamente na Unión, o 25 de xuño de 1868.
O alcume de Carolina do Sur, The Palmetto State, orixinouse durante a guerra pola independencia. Palmetto é unha palabra inglesa que en galego significa palmeira. Ao comezo da revolución, forzas británicas intentaron capturar sen éxito un forte feito con madeira de palmeiras, abundantes no Estado. Ao día seguinte, o comandante do forte, ao ver un navío de guerra británico en chamas, comentou que o fume emitido polo navío en chamas asemellábase a unha palmeira.