ˇ |
---|
Caron |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
O caron ( ˇ ) ou háček (pronunciado [haːʧɛk]), é un sinal diacrítico colocado sobre certas letras.
É parecido á breve, mais ten unha punta aguda, como o circunflexo ( ^ ), en canto que no caso da breve está arredondeado:
O termo caron úsase nos nomes oficiais dos caracteres Unicode. A palabra háček significa "ganchiño" en checo. En eslovaco chámase mäkčeň ("amaciante" ou "sinal de palatalización), en esloveno strešica ("teito", "tellado"), en croata e serbio kvaka ou kvačica (tamén "ganchiño"), en estoniano katus ("teito", "tellado") e noutras linguas ugrofinesas, hattu ("chapeu").