Carreira | |
---|---|
![]() Capela de Nosa señora da Guía | |
Concello | Ribeira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°32′23″N 9°00′40″O / 42.53972222, -9.01111111 |
Área | 9,5 km² |
Poboación | 2.014 hab. (2019) |
Densidade | 212 hab./km² |
Entidades de poboación | 36[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Paio de Carreira[1] é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira, na comarca do Barbanza. Ten unha superficie de 9,5 km². Segundo o IGE, no ano 2018 tiña 2.026 habitantes (987 homes e 1.039 mulleres).
Forma parte do Arciprestado de Posmarcos de Abaixo, da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Ribeira logo da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.