Unha carta foral ou simplemente foro, do latín forum, era un documento real do medievo peninsular fundamentalmente usado en Galiza, León e Portugal[1], que tiña como finalidade establecer un concello e regular a administración, fronteiras e privilexios dunha poboación.
Unha vila de recente fundación tamén necesitaría a aprobación do rei a través dunha carta foral ou, neste caso, unha carta de poboamento, para ser considerada como tal, quedando a administración e os privilexios da vila definidos e constatados nese documento.