Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2024) |
(xpu) 𐤒𐤓𐤕𐤇𐤃𐤔𐤕 | ||||
Tipo | cidade estado emporio cidade antiga | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | África | |||
División administrativa | Exarcado de Cartago, Imperio Bizantino | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | século IX a. C. | |||
Data de disolución, retirada ou demolición | 146 a. C. | |||
Cronoloxía | ||||
cerco de Cartago | ||||
206 a. C. | batalla de Nova Cartago | |||
expansión musulmá | ||||
Guerra Vándala | ||||
698 | batalla de Cartago | |||
Cartago (do fenicio Kart-Hadasht, ou Qrthdst, isto é «Nova Cidade», en árabe قرطاج (Qartax) é unha antiga cidade, orixinariamente unha colonia fenicia no norte en Tunisia, situada ao leste do Lago de Tunes, preto do centro de Tunes. Foi unha potencia do mundo antigo, disputando con Roma o control do mar Mediterráneo. Desa disputa orixináronse as tres guerras púnicas, despois das cales Cartago foi destruída.
A antiga capital púnica é hoxe un barrio de Tunes e un sitio arqueolóxico e turístico importante, sendo clasificado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.