Casa Amatller

Casa Amatller
A Casa Amatller (J.Puig) e a Casa Batlló (A.Gaudí)
Tipovivenda Editar o valor en Wikidata
Parte delist of Modernista buildings in Barcelona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estilomodernismo catalán e arquitectura neogótica Editar o valor en Wikidata
Localización
EnderezoPasseig de Gràcia, 41 Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°23′29″N 2°09′54″L / 41.391449, 2.165009
Construción
Fundación1898 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1900 Editar o valor en Wikidata
Implicados
Arquitecto(s)Josep Puig i Cadafalch Editar o valor en Wikidata
Encargado porAntoni Amatller (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de interese cultural
Data9 de xaneiro de 1976
IdentificadorRI-51-0004199

Ben Cultural de Interese Nacional
Codi BCIN38-MH-EN Editar o valor en Wikidata
Codi BICRI-51-0004199 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAC42 Editar o valor en Wikidata
Id. Barcelona1518 Editar o valor en Wikidata
Na rede
amatller.org Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Casa Amatller é o segundo gran monumento modernista do Paseo de Gracia, en Barcelona, proxectado polo arquitecto Josep Puig i Cadafalch entre os anos 1898 e 1900. A causa da proximidade coa Casa Lleó Morera e coa Casa Batlló (de Antoni Gaudí), o lugar onde se localizan estes tres edificios modernistas tense denominado a Illa de la Discòrdia [1].

No ano 1898, o industrial chocolateiro Antoni Amatller quixo transformar un edificio vello de 1875, que comprara para trasladarse para el. O industrial encarregou as obras a Puig i Cadafalch, que apostou por darlle a aparencia dun pazo gótico urbano, cunha fachada plana e un patio central cunha escaleira que dá acceso ao andar principal, tendo en conta que o edificio había de ser habitado por diversas familias.

Puig i Cadafalch creou a Casa Amatller cunha lectura moi persoal do gótico, mesturando influencias do gótico catalán co gótico dos palacetes urbanos dos Países Baixos e Flandres; finalmente tamén están presentes os típicos detalles de inspiración medieval. O máis sorprendente do edificio é a fachada en chanzos de reminiscencia nórdica, que lembra unha tableta clásica de chocolate.

O andar principal é un dos poucos de Barcelona que aínda conserva a riqueza ornamental e a atmosfera dourada e opulenta daquela burguesía do ensanche barcelonés.

Actualmente acolle as oficinas do Institut Amatller d'Art Hispànic.

  1. Illa, en catalán, equivale a un bloque de casas, rueiro ou quinteiro en galego.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne