Casa Branca | |
---|---|
Fachada norte da Casa Branca. | |
Coordenadas | 38°53′52″N 77°02′12″O / 38.897777777778, -77.036666666667 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa Branca (The White House, en inglés) é a residencia oficial e principal lugar de traballo do presidente dos Estados Unidos (dende 2021 Joe Biden). É o inmoble máis visitado do mundo.
A Casa Branca baseouse no proxecto da Villa Rotonda. É de estilo renacentista neogrego ou neoclásico en América, que foi ideado por George Washington e construído en 1790. James Hoban é o arquitecto irlandés que deseñou a mansión presidencial. O presidente Washington, xunto co deseñador da cidade, Pierre Charles L'Enfant, escolleu o sitio onde se construiría. Mediante un concurso elixiuse ao arquitecto, nativo de Dublín, que gañou a medalla de ouro pola presentación do deseño que hoxe coñecemos.
O deseño da Casa Branca viuse inspirado pola Leinster House (Dublín), e Castletown House (Celbridge, Irlanda), ambas seguindo o estilo do Palladianismo.
Como o seu nome indícao, é un edificio branco localizado na Pennsylvania Avenue Nº 1600 (Avenida Pensilvania) ao noroeste de Washington, D.C.. Proxectada durante o primeiro mandato de George Washington, o edificio foi inaugurado por John Adams en 1800. Formalmente este edificio recibiu os nomes de Palacio Presidencial, a Mansión Executiva, ata que o presidente Theodore Roosevelt chamouno «A Casa Branca».[1]
A construción está inspirada na "Villa Rotonda" unha das múltiples que se atopan no Véneto italiano.