Casacas Vermellas foi o nome[1] utilizado para referirse aos soldados do exército inglés entre os séculos XVII e XIX. Dise que a súa orixe se remonta ao xeneral inglés Oliver Cromwell que a utilizou por primeira vez no seu exército, ou ben foi utilizada polo exército privado da Compañía Británica das Indias Orientais durante os séculos XVII e XVIII. O nome viña de que o seu uniforme, tanto cerimonial como de batalla, consistía nunha casaca de cor vermella.[2][3]
Os casacas vermellos foron probados en diversos conflitos, como as Guerras Napoleónicas, a Revolución Americana ou a Guerra Bóer.