![]() | As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Troia, Turquía ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() Micenas, Grecia ![]() |
Outro | |
Título | Princesa ![]() |
Parella | Agamenón Corebo Othryoneus ![]() |
Fillos | Teledamus ( ![]() Pelops ( ![]() ![]() |
Pais | Príamo ![]() ![]() |
Irmáns | Polixena Heitor Héleno Paris ![]() |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru ![]() |
Na mitoloxía grega, Casandra (en grego antigo, Κασσάνδρα: «a que enreda os homes»[1] ou «irmá dos homes»)[2] era filla de Hécuba e Príamo, reis de Troia. Casandra foi sacerdotisa de Apolo, con quen pactou, a cambio dun encontro carnal, a concesión do don da profecía. Con todo, cando accedeu aos arcanos da adiviñación, Casandra rexeitou o amor do deus; este, véndose traizoado, maldíxoa cuspíndolle na boca: seguiría tendo o seu don, mais ninguén crería xamais nos seus prognósticos. Tempo despois, ante o seu anuncio repetido da inminente caída de Troia, ningún cidadán deu creto aos seus vaticinios. Ela, xunto con Laocoonte, foron os únicos que predixeron o engano no cabalo de Troia.