Castells | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | tradición ![]() | ||
Subclase | torre humana (pt) ![]() ![]() | ||
Patrimonio Cultural | |||
Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade | |||
Data | 2010 | ||
Identificador | RL/00364 | ||
[ Wikidata ] |
Os castells (castelos en catalán) son torres humanas que se constrúen tradicionalmente, desde hai máis de 200 anos na comarca catalá do Camp de Tarragona, e que despois estendeuse ao Penedès, e durante o século XX por toda Cataluña, Cataluña do Norte e as Illas Baleares, especialmente a partir da década de 1980.
Un grupo no que interveñen ducias ou centenares de persoas, que reciben o nome de castellers, ten o obxectivo común de levantar diferentes construcións humanas, sen axuda ningunha de elementos mecánicos. As formacións construídas polos castellers poden chegar a ter até dez pisos de altura.
Desde o 16 de novembro de 2010, os castells son Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.[1]