Castelo de Halton | |
---|---|
monumento clasificado como grao I e monumento planificado | |
![]() As ruínas do castelo de Halton. | |
Coordenadas | 53°19′59″N 2°41′45″O / 53.333055555556, -2.6958333333333 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Halton é un castelo situado na antiga localidade de Halton e que agora forma parte da localidade de Runcorn (Cheshire), no Reino Unido. O castelo atópase no alto do outeiro chamado Halton Hill, unha prominencia de arenisca dende onde se albisca a localidade. Está clasificado como edificio antigo protexido (monumento planificado). Foi a residencia dos baróns de Halton desde o século XI até o XIV, cando pasou ao Ducado de Lancaster. Foi asediado en dúas ocasións durante a Guerra Civil Inglesa, polo que a súa estrutura se deteriorou. No século XVIII construíuse un novo palacio de xustiza no sitio onde se atopaba a anterior casa do garda. O castelo atópase en ruínas a excepción feita do xulgado, que foi convertido nun pub.