Castelo de San Xurxo de Lisboa

Castelo de San Xurxo.
Castelo de San Xurxo de Lisboa, iniciado polos musulmáns.

Coñécese como Castelo de San Xurxo (en portugués: Castelo de São Jorge) ás ruínas dun castelo no outeiro de San Xurxo (portugués: Castelo de São Jorge), en Lisboa. Primitivamente coñecido simplemente como Castelo dos Mouros, érguese en posición dominante sobre o máis alto outeiro do centro histórico, proporcionando aos visitantes unha das máis fermosas vistas sobre a cidade e sobre o estuario do río Texo, polo que o goberno portugués fai grandes esforzos en conservalo.

O recinto do castelo conta con aproximadamente 6 000 m². A edificación consta de varias torres e garitas, un foso e dous patios grandes.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne