Catedral de Ourense

Catedral de Ourense
Cabeceira da catedral de Ourense.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoCatedral
AdvocaciónMartiño de Tours
LocalizaciónOurense
Coordenadas42°20′11″N 7°51′46″O / 42.33644444, -7.86286111
CatalogaciónMonumento Nacional (1931)
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseOurense
Arquitectura
Construción1160 - c. 1230 [1] (Antigo Reino de Galiza )
EstiloRománico e gótico
Páxina webhttps://catedralourense.com/
Catedral de Ourense en Galicia
Catedral de Ourense
Catedral de Ourense
Localización da catedral no mapa de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A catedral de Ourense, baixo a advocación de san Martiño, é un templo católico situado na cidade de Ourense, sede da diocese do mesmo nome. É de estilo románico de transición con influencias cistercienses nalgúns aspectos arquitectónicos e mateanos no eido escultural, pero no que se realizaron numerosas modificacións posteriores.

O templo foi construído como unha fortaleza defensiva, como adoitaba facerse nos edificios relixiosos da época. Pódese comprobar esta concepción na estrutura das torres orixinais e nas ameas que coroaban os muros, das que aínda queda algunha mostra se ben a maioría foron eliminadas durante as reformas posteriores.

Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931 e recibe os honores de basílica desde 1867, por Breve Pontificio do papa Pío IX asinado o 30 de xuño dese ano [2]. Está rexistrada como Ben de Interese Cultural co código RI-51-0000771.

  1. Consagrada en 1188.
  2. Datas tomadas da páxina web do Bispado, se ben noutro punto da mesma atrasan esta última data ata 1887 (ten honores de Basílica desde o ano 1887)[1] Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine., algo imposible dado que o papa Pío IX morreu o 7 de febreiro de 1878.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne