Catedral de San Paulo de Londres | |
---|---|
Catedral de San Paulo de Londres | |
Datos xerais | |
País | Reino Unido |
Tipo | Catedral |
Advocación | San Paulo |
Localización | Cidade de Londres e Londres |
Coordenadas | 51°30′50″N 0°05′54″O / 51.513777777778, -0.098305555555556 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Inglaterra |
Diocese | diocese anglicana de Londres |
Arquitectura | |
Construción | 1675-1720 |
Estilo | gótico |
Medidas | 150 x 36 m |
Páxina web | www |
[ editar datos en Wikidata ] |
A catedral de San Paulo (en inglés: Saint Paul's Cathedral) é unha catedral anglicana de Londres, en Inglaterra, que pertence á Igrexa de Inglaterra, sendo a sé da diocese e do bispo de Londres. Foi construída entre 1676 e 1710, baixo a dirección do arquitecto Christopher Wren, sobre as ruínas da antiga catedral medieval destruída polas lapas durante o Grande incendio de 1666.
A catedral de San Paulo é un dos máis sonados e recoñecíbeis lugares de interese da cidade. Coa súa inmensa cúpula, enmarcada polas torres, dominan o horizonte de Londres dende hai 300 anos. Con 111 metros de altura (365 pés), foi o edificio máis alto de Londres dende 1710 até 1962. En termos de superficie, San Paulo é unha das maiores catedrais cristiás do mundo. En Europa, só a basílica de San Pedro do Vaticano é maior.
Ocupa un lugar especial na identidade nacional da poboación de Inglaterra[1] e foi escenario de importantes acontecementos da historia británica como, por exemplo, os funerais de Horatio Nelson, o duque de Wellington, Winston Churchill e Margaret Thatcher; o xubileu das raíñas Vitoria e Isabel II de Inglaterra ou a voda do príncipe Carlos con Diana Spencer.