Catedral de San Paulo de Londres

Catedral de San Paulo de Londres
Tipocatedral anglicana ou episcopal, atracción turística e biblioteca catedralicia Editar o valor en Wikidata
Estilobarroco inglés Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 51°30′50″N 0°05′54″O / 51.51378, -0.09831
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsLondres
CidadeCidade de Londres Editar o valor en Wikidata
Construción
Fundación1675 Editar o valor en Wikidata
Material usadopedra de Portland Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura111 m e 67 m Editar o valor en Wikidata
Anchura75 m e 37 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude158 m Editar o valor en Wikidata
Implicados
PropietarioDiocese de Londres Editar o valor en Wikidata
Arquitecto(s)Christopher Wren Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Monumento clasificado como grao I
Data4 de xaneiro de 1950
Identificador1079157
Composto por
torre e cúpula Editar o valor en Wikidata
Na rede
stpauls.co.uk Editar o valor en Wikidata
Twitter: StPaulsLondon Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A catedral de San Paulo (en inglés: Saint Paul's Cathedral) é unha catedral anglicana de Londres, en Inglaterra, que pertence á Igrexa de Inglaterra, sendo a sé da diocese e do bispo de Londres. Foi construída entre 1676 e 1710, baixo a dirección do arquitecto Christopher Wren, sobre as ruínas da antiga catedral medieval destruída polas lapas durante o Grande incendio de 1666.

A catedral de San Paulo é un dos máis sonados e recoñecíbeis lugares de interese da cidade. Coa súa inmensa cúpula, enmarcada polas torres, dominan o horizonte de Londres dende hai 300 anos. Con 111 metros de altura (365 pés), foi o edificio máis alto de Londres dende 1710 até 1962. En termos de superficie, San Paulo é unha das maiores catedrais cristiás do mundo. En Europa, só a basílica de San Pedro do Vaticano é maior.

Ocupa un lugar especial na identidade nacional da poboación de Inglaterra[1] e foi escenario de importantes acontecementos da historia británica como, por exemplo, os funerais de Horatio Nelson, o duque de Wellington, Winston Churchill e Margaret Thatcher; o xubileu das raíñas Vitoria e Isabel II de Inglaterra ou a voda do príncipe Carlos con Diana Spencer.

  1. Pierce, Rebecca (2004). National Identity and the British Empire: the Image of Saint Paul’s Cathedral (PDF) (en inglés). Marshall University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de febreiro de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne