Catwoman

Catwoman
Debut de Eartha como Catwoman na serie de Batman do 66.
Información editorial
EditorialDC Comics
Primeira apariciónBatman #1 (primavera de 1940; publicado o 25 de abril de 1940)[1]
CreadoresBill Finger
Bob Kane
Biografía ficticia
Alter egoSelina Kyle
EquiposJustice League
Batman Family
Outsiders
Gotham City Sirens
Birds of Prey
Injustice League
CompañeirosBatman
Holly Robinson
ParellasBatman
FamiliaHelena Kyle (filla biolóxica na Terra 2)
Rex Calabrese (pai)
Maggie Kyle (irmá)
Outros aliasThe Cat
Selina Calabrese[2]
Irena Dubrovna[3]
Habilidades e poderes
  • Experta ladroa
  • Mestra nas artes marciais e combate corpo a corpo
  • Hábil ximnasta e acróbata
  • Utiliza látegos, unllas retráctiles afiladas e pitóns trepadores

Catwoman é un personaxe ficticio creado por Bill Finger e Bob Kane quen aparece nos cómics estadounidenses publicados por DC Comics, xeralmente en asociación co superhéroe Batman. Debutando como "The Cat" en Batman #1 (primavera 1940), é un dos inimigos que máis aparece nas aventuras do Cabaleiro Escuro (Batman). Con todo, o personaxe tamén foi descrito como unha antiheroina e convértese no interese amoroso máis coñecido de Batman, con moitas historias describindo a súa complexa relación de amor-odio.[4]

Catwoman é o alter ego de Selina Kyle, unha ladroa de Gotham City que usualmente usaba un traxe axustado dunha peza e usaba un látego como arma. Orixinalmente era unha supervilá e adversaria de Batman, pero apareceu nunha serie homónima en 1990 que a retrataba como unha antiheroína, a miúdo cunha filosofía moral utilitaria. O personaxe prosperou nas súas primeiras aparicións, pero tivo unha extensa pausa desde setembro de 1954 a novembro de 1966 debido ao desenvolvemento de Comics Code Authority en 1954. Isto afectou as regras sobre o desenvolvemento e a representación dos personaxes femininos que violaban o Comics Code, este código xa non está en uso. Nos cómics ademais de Selina Kyle, Holly Robinson e Eiko Hasigawa adoptaron a identidade de Catwoman.[5][6]

  1. Zalben, Alex (28 de marzo de 2014). "When Is Batman's Birthday, Actually?". New York City: MTV News. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2014. 
  2. Batman Eternal #23 (Setembro de 2014)
  3. Catwoman (vol. 2) #53 (Maio de 2006)
  4. Fleisher, Michael L. (1976). The Encyclopedia of Comic Book Heroes Volume 1: Batman. Macmillan Publishing Co. pp. 105–110. ISBN 0-02-538700-6. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  5. Beatty, Scott (2008). "Catwoman". En Dougall, Alastair. The DC Comics Encyclopedia. New York: Dorling Kindersley. pp. 74–75. ISBN 978-0-7566-4119-1. OCLC 213309017. 
  6. Houxbois, Emma (29 de decembro de 2014). "Review: Catwoman Annual #2". The Rainbow Hub. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 10 de maio de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne